GALESP
Facebook Twitter Linkedin

BLOG • 27/03/2017

A eles tamén lles afecta

PILAR PORRAL /@pilarporral

Quenes pensades que estudan o ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia? Máis do 90% do alumnado son mulleres. De feito non é habitual que máis de un ou dous homes estuden este ciclo por clase.

A pesares do que moita xente pensa. Isto non é algo aleatorio. Ás mulleres edúcanas para que sexan coidadoras e aos homes encamíñanos a roles máis técnicos. De aí esta separación por sexos nos ciclos de formación profesional.  

Estes homes que estudan atención á dependencia poden ter unha boa adaptación aos ciclos pero o problema xorde cando chega o momento de facer as prácticas profesionais.

A nosa sociedade relaciona o rol de coidados coa figura das mulleres o cal dificulta a incorporación laboral dos homes que estudan dependencia ao mercado de traballo. Unha profesora contábame que ás veces é moi complicado conseguirlles prácticas posto que nas residencias solicítanlles mulleres explicitamente.

E xa non digamos se se trata dunha residencia só de mulleres nese caso é case imposible colocar a un rapaz a facer as prácticas. Os estereotipos de xénero tamén lles afectan a eles por iso é preciso educar en Igualdade a mulleres e homes.

Trátase de non condicionar a ningunha persoa a que estude un determinado ciclo que está máis acorde co seu sexo. Trátase de educar a todas as persoas libres de estereotipos de xénero. Trátase de que estes e estas profesionais non teñan prexuízos á hora de contratar a un home para unha residencia da terceira idade ou a unha muller en carpintaría metálica. Trátase de educar a todas as persoas en Igualdade. 

NOTICIA ANTERIOR NOTICIA SEGUINTE

ACTUALIDADE • 23/11/2017

Coeduca premiada no XVI concurso de proxectos...

A primeira consultora de coeducación de Galicia,...

BLOG • 25/04/2017

Cando violan a unha nena da túa clase

PILAR PORRAL / @pilarporral Paula ten doce anos....

BLOG • 04/04/2017

Violencia de xénero: recoñecela para erradicala

PILAR PORRAL /@pilarporral A violencia de...

BLOG • 27/03/2017

A eles tamén lles afecta

PILAR PORRAL /@pilarporral Quenes pensades que...

BLOG • 13/03/2017

Educar para previr a violencia de xénero

PILAR PORRAL /@pilarporral Moita xente me...

ACTUALIDADE • 01/03/2017

Coeduc@ implanta o primeiro Plan de Igualdade para un...

A consultora Coeduc@ implantou o primeiro Plan de...

+ NOTICIAS

Camiño de Gustavo, 31 – Gándaras de Piñeiro 27003 Lugo • coeduca@coeducaconsultora.com +34 657 576 376