GALESP
Facebook Twitter Linkedin
Quen somos
Que é coeducación ↓

Quen somos

Coeduc@ é a primeira entidade especializada en coeducación que elabora Plans de Igualdade de centro específicos para Galicia. O noso proxecto promove un novo modelo educativo baseado na Educación en Igualdade para os centros escolares, entidades locais, autonómicas ou privadas que queiran integrar a perspectiva de xénero na súa labor profesional.

Como xorde Coeduc@

A entidade xorde pola sensibilidade e formación en materia de Igualdade da nosa directora Pilar Porral e pola súa preocupación polo aumento da violencia de xénero e do acoso escolar entre a adolescencia.

Foto: J. Vázquez

Xornalista de profesión, Pilar Porral, traballou para medios nacionais como elmundo.es, Radio Marca ou Veo televisión e internacionais como Radio Netherlands Worldwide. Na actualidade colabora co mundo.es, medio para o cal reporta dende Madrid, Holanda ou Perú.

O seu compromiso coa Igualdade entre mulleres e homes levouna a fundar a primeira consultora de coeducación de Galicia co obxectivo de contribuír a unha sociedade máis igualitaria.

Misión

A nosa principal misión e contribuír a unha sociedade máis igualitaria mediante a coeducación. Coeduc@ leva a Igualdade o ámbito educativo e a calquera entidade que queira comprometerse coa Igualdade entre mulleres e homes.

Visión

Queremos educar en Igualdade a sociedade baixo a premisa de que os centros escolares, as entidades públicas, privadas e sociais poden e deben actuar como axentes de cambio cara unha sociedade na que a Igualdade de oportunidades non sexa un obxetivo teórico senón unha realidade.

Valores

• Servizo especializado
• Compromiso social
• Profesionalidade
• Calidade
• Responsabilidade
• Creatividade e innovación
• Flexibilidade
• Traballo en equipo
• Talento

Camiño de Gustavo, 31 – Gándaras de Piñeiro 27003 Lugo • coeduca@coeducaconsultora.com +34 657 576 376