A coeducación é un modelo educativo que promove a Igualdade entre mulleres e homes e prevé a extrema consecuencia desta desigualdade: a violencia de xénero.
Esta proposta pedagóxica trata de previr, compensar ou erradicar aquelas desigualdades provocadas polas discriminacións de sexo e promover o libre desenvolvemento das persoas, sen as limitacións establecidas polos estereotipos de xénero arraigados na nosa sociedade.
Estudos recentes amosan datos desoladores ao redor das actitudes, estereotipos de xénero e roles sexistas que a mocidade vive ao longo de todo o ensino secundario obrigatorio e, en concreto, a percepción de pouco risco que a mocidade ten sobre a existencia de violencia de xénero entre os seus iguais.
A rotundidade dos datos que ofrecen os diferentes estudos no referente aos altos índices de desigualdade de xénero entre a mocidade, con respecto da poboación xeral, pon de manifesto a necesidade do tratamento deste asunto nos centros escolares. Os estereotipos de xénero e actitudes sexistas atopan nas escolas un espazo ideal onde reproducirse pero tamén onde erradicarse se se dan as condicións idóneas.
Os centros escolares precisan unha ferramenta metodolóxica que diagnostique a súa situación en materia de Igualdade, que detecte os estereotipos, as actitudes sexistas, os indicios de violencia de xénero entre o alumnado e a percepción que teñen dela, ao tempo que prevé o acoso escolar por motivo de sexo.
Para tratar de concienciar á comunidade educativa e de cambiar o seu punto de vista ante este tipo de actitudes deseñaranse medidas de acción coordinadas e actividades que fomenten a Igualdade nos centros escolares de Galicia.
A nosa principal misión e contribuír a unha sociedade máis igualitaria mediante a coeducación. Coeduc@ leva a Igualdade o ámbito educativo e a calquera entidade que queira comprometerse coa Igualdade entre mulleres e homes.
Queremos educar en Igualdade a sociedade baixo a premisa de que os centros escolares, as entidades públicas, privadas e sociais poden e deben actuar como axentes de cambio cara unha sociedade na que a Igualdade de oportunidades non sexa un obxetivo teórico senón unha realidade.
• Servizo especializado • Compromiso social • Profesionalidade • Calidade • Responsabilidade • Creatividade e innovación • Flexibilidade • Traballo en equipo • Talento
Camiño de Gustavo, 31 – Gándaras de Piñeiro 27003 Lugo • coeduca@coeducaconsultora.com +34 657 576 376