GALESP
Facebook Twitter Linkedin

ACTUALIDADE • 02/12/2016

Coeduc@ premiada nos Idea Lugo 2016 á Innovación e ao emprendemento

Pilar Porral xunto ao resto de persoas premiadas e autoridades invitadas / P. Tejero

A primeira consultora de coeducación de Galicia, Coeduc@, foi unha das iniciativas empresariais galardoadas na segunda edición dos premios Idea Lugo, convocados polo Grupo El Progreso, Abanca e a Universidade de Santiago de Compostela.

Pilar Porral, directora de Coeduc@, foi premiada polo seu proxecto para educar en igualdade e previr a violencia de xénero e o acoso escolar mediante accións levadas a cabo nos centros escolares.

A fundadora de Coeduc@, xornalista e docente, explicou que a súa labor nunha radio holandesa serviulle para percatarse que precisaba ir un paso máis alá na Igualdade. Porral, voltou a Lugo para cursar o máster de formación do profesorado e crear unha consultora social que fomentase a Igualdade desde a Educación.

O proxecto Coeduc@ pretende levar a Coeducación aos centros escolares a través dos Plans de Igualdade de centro que son unha innovación dentro da nosa comunidade autónoma. Neste sentido, a responsable do proxecto, anunciou que un centro escolar de Lugo, será o primeiro centro educativo de Galicia en implantar un Plan de Igualdade de centro.

Ademais, a xornalista comentou que a iniciativa Coeduc@ ten o obxectivo de coeducar non só ao alumnado e ao profesorado, senón tamén a calquera profesional ou empresa que queira traballar con perspectiva de xénero e promover a Educación en Igualdade.

Na súa intervención final ao recoller o premio a directora de Coeduc@ agradeceu o galardón: “Grazas por apoiar unha iniciativa social. Os proxectos empresariais tamén poden e deben xurdir do ámbito social. A mellor maneira de facer fronte aos nosos problemas é a través da colaboración de toda a sociedade”.

NOTICIA ANTERIOR NOTICIA SEGUINTE

ACTUALIDADE • 23/11/2017

Coeduca premiada no XVI concurso de proxectos...

A primeira consultora de coeducación de Galicia,...

BLOG • 25/04/2017

Cando violan a unha nena da túa clase

PILAR PORRAL / @pilarporral Paula ten doce anos....

BLOG • 04/04/2017

Violencia de xénero: recoñecela para erradicala

PILAR PORRAL /@pilarporral A violencia de...

BLOG • 27/03/2017

A eles tamén lles afecta

PILAR PORRAL /@pilarporral Quenes pensades que...

BLOG • 13/03/2017

Educar para previr a violencia de xénero

PILAR PORRAL /@pilarporral Moita xente me...

ACTUALIDADE • 01/03/2017

Coeduc@ implanta o primeiro Plan de Igualdade para un...

A consultora Coeduc@ implantou o primeiro Plan de...

+ NOTICIAS

Camiño de Gustavo, 31 – Gándaras de Piñeiro 27003 Lugo • coeduca@coeducaconsultora.com +34 657 576 376