ACTUALIDADE • 01/03/2017
A consultora Coeduc@ implantou o primeiro Plan de Igualdade para un centro integrado de formación profesional (CIFP) en España. O Plan executado no Politécnico de Lugo acolleu esta semana os obradoiros dirixidos ao alumnado e ao profesorado do centro.
A noticia foi recollida por El Progreso de Lugo e a televisión pública galega que visitaron o Politécnico para contar de primeira man a execución do primeiro Plan específico de Igualdade na nosa comunidade.
Os días 20, 21, 22 e 23 de febreiro impartíronse os innovadores obradoiros de Igualdade dirixidos ao alumnado e ao profesorado que fusionaron teatro, dinámicas de grupo, novas tecnoloxías e aprendizaxe cooperativo.
As xornadas destacaron polo bon discurrir e a implicación da comunidade educativa Ao remate do obradoiro un dos alumnos mostrábase entusiasmado: “estou impresionado vou recordar este obradoiro sempre. Dinme conta que se nos educaran en Igualdade desde cativos poderíamos evitar a violencia de xénero”.
Os obradoiros forman parte da fase de implantación do Plan de Igualdade que ten como obxectivo previr a violencia de xénero e o acoso escolar e mellorar a convivencia no centro educativo.
O plan, coordinado por Coeduc@ que recibiu un premio á innovación, proponse como obxectivo a creación da primeira rede de centros coeducativos de Galicia, un sistema que xa funciona con éxito en varios países europeos.
ACTUALIDADE • 23/11/2017
A primeira consultora de coeducación de Galicia,... →
BLOG • 25/04/2017
PILAR PORRAL / @pilarporral Paula ten doce anos.... →
BLOG • 04/04/2017
PILAR PORRAL /@pilarporral A violencia de... →
BLOG • 13/03/2017
PILAR PORRAL /@pilarporral Moita xente me... →
ACTUALIDADE • 01/03/2017
A consultora Coeduc@ implantou o primeiro Plan de... →
Camiño de Gustavo, 31 – Gándaras de Piñeiro 27003 Lugo • coeduca@coeducaconsultora.com +34 657 576 376