ACTUALIDADE • 23/11/2017
A primeira consultora de coeducación de Galicia, Coeduc@, foi unha das iniciativas galardoadas no XVI concurso de proxectos empresariais innovadores da Universidade de Santiago de Compostela.
A directora de Coeduc@, recolleu o premio como empresa promovedora da lingua galega outorgado polo servizo de normalización lingüística da Universidade de Santiago de Compostela nun acto celebrado no emblemático colexio de San Xeromé sitúado na plaza do Obradoiro.
A educadora agradeceu á Universidade de Santiago de Compostela, ao equipo de normalización linguística da USC, ao Instituto Galego de Promoción Económica e a Xunta de Galicia o galardón concedido a Coeduca. Así mesmo, Porral deu as gracias a súa nai e ao seu pai, persoas empresarias con traxectoria de 40 anos no sector da construción, por educala como o fixeron e por transmitirlles os valores cos que nace Coeduc@: esforzo, traballo, paixón, honestidade e integridade.
A Universidade recoñeceu a Coeduca con este premio por seres a primeira entidade especializada en coeducación de España que implanta plans de igualdade con metodoloxía finlandesa para centros escolares, administracións públicas e entidades que queiran promover unha sociedade máis igualitaria entre mulleres e homes.
A fundadora de Coeduca explicou que o proxecto social nace para previr a violencia de xénero desde a educación en Igualdade e co obxectivo de implantar a primeira rede de centros coeducativos de Galicia e a primeira de España da formación profesional.
A xornalista subraiou que abandonou a súa carreira e viaxou desde Holanda para aprender a metodoloxía finlandesa, resultado dun proceso de investigación de sete anos no que se compararon as mellores técnicas de igualdade a nivel mundial, ata acadar unha técnica que hoxe ten acento galego.
A docente comentou que volveu a Galicia para cofundar xunto as súas irmás Coeduca, unha entidade, asegurou, que nace nun momento que recollerán os libros de historia ao tratarse da cuarta ola feminista. A cal, segundo o seu parecer, caracterízase por ser unha ola global na que persoas de Finlandia, México ou España poden compartir as súas experiencias e na que tanto mulleres coma homes deben de remar nunha mesma dirección: “para acadar unha sociedade máis igualitaria entre mulleres e homes. En definitiva, unha sociedade mellor para todas as persoas, concluíu.
ACTUALIDADE • 23/11/2017
A primeira consultora de coeducación de Galicia,... →
BLOG • 25/04/2017
PILAR PORRAL / @pilarporral Paula ten doce anos.... →
BLOG • 04/04/2017
PILAR PORRAL /@pilarporral A violencia de... →
BLOG • 13/03/2017
PILAR PORRAL /@pilarporral Moita xente me... →
ACTUALIDADE • 01/03/2017
A consultora Coeduc@ implantou o primeiro Plan de... →
Camiño de Gustavo, 31 – Gándaras de Piñeiro 27003 Lugo • coeduca@coeducaconsultora.com +34 657 576 376