GALESP
Facebook Twitter Linkedin

BLOG • 13/03/2017

Educar para previr a violencia de xénero

PILAR PORRAL /@pilarporral

Moita xente me pregunta que é iso da coeducación, para que serve e se ten cabida no noso modelo actual de escola. A coeducación serve para previr a desigualdade coa que nos atopamos na nosa etapa adulta.

O outro día un pai de A Coruña exemplificaba moi ben como se educa aos nosos fillos e fillas na actualidade. Contoume abraiado que na escola da súa filla de seis anos os compañeiros pasaron unha tempada levantando as saias ás nenas da clase que chegaban a casa chorando polo comportamento reiterativo dos rapaces.

O pai cansado desta situación foi protestar ao colexio da súa filla. Tras un tempo de cavilación a dirección do centro tomou unha decisión. Imaxínanse cal foi? As nenas deberían usar culottes de ciclista por baixo das saias. Pode que estean pensando. Que barbaridade! Non, non pode ser! Esas cousas xa non pasan agora!

Viaxemos no tempo e imaxinemos que esa nena e ese neno teñen agora vintecinco anos. Non fai faia que imaxinen. Lugo, 2016, no xornal da nosa cidade pódese ler como a policía aconsella ás mulleres lucenses que non saian soas a rúa ante a ameaza dun “violador” que actúa pola zona de Augas Férreas.

A mensaxe é moi clara: educamos as nenas para que se protexan dos nenos. E se educamos aos nenos para que respecten ás nenas? E se o profesorado tivese a formación precisa para actuar neste tipo de situacións?

Imaxínense que ese neno de seis anos comprende que está violentando ás rapazas e que non ten dereito a levantarlle as saias. Enténdeo e por suposto non volve ofender as súas compañeiras de clase. Este rapaz crece e faise policía. Creen que este policía diríalle ás mulleres da súa cidade que se protexan? Dende logo que non. Moito traballo que facer ... Isto é o que facemos en Coeduc@. Educar para previr. 

NOTICIA ANTERIOR NOTICIA SEGUINTE

ACTUALIDADE • 23/11/2017

Coeduca premiada no XVI concurso de proxectos...

A primeira consultora de coeducación de Galicia,...

BLOG • 25/04/2017

Cando violan a unha nena da túa clase

PILAR PORRAL / @pilarporral Paula ten doce anos....

BLOG • 04/04/2017

Violencia de xénero: recoñecela para erradicala

PILAR PORRAL /@pilarporral A violencia de...

BLOG • 27/03/2017

A eles tamén lles afecta

PILAR PORRAL /@pilarporral Quenes pensades que...

BLOG • 13/03/2017

Educar para previr a violencia de xénero

PILAR PORRAL /@pilarporral Moita xente me...

ACTUALIDADE • 01/03/2017

Coeduc@ implanta o primeiro Plan de Igualdade para un...

A consultora Coeduc@ implantou o primeiro Plan de...

+ NOTICIAS

Camiño de Gustavo, 31 – Gándaras de Piñeiro 27003 Lugo • coeduca@coeducaconsultora.com +34 657 576 376