GALESP
Facebook Twitter Linkedin

BLOG • 04/04/2017

Violencia de xénero: recoñecela para erradicala

PILAR PORRAL /@pilarporral

A violencia de xénero está presente en todos os centros educativos posto que estes son un espello da realidade da nosa sociedade. Hoxe en día parte da comunidade educativa non é consciente desta situación nin da importancia de levar a cabo accións que a diagnostiquen e que implementen medidas de acción concretas para diminuíla e erradicala.

Mentres conversaba cunha directora dun centro educativo, un inspector de educación  interrompeunos para preguntarlle a directora se había no seu centro vítimas de violencia de xénero. A directora respondeulle que non, que por suposto que non había no seu centro. Como sabe que non hai vítimas de violencia de xénero?, pregunteille. “Porque non, neste colexio non”, respondeu molesta.

A directora incomodouse pola miña pregunta porque non sabía cal era o significado de violencia de xénero, ao non saber o que era non estaba concienciada, polo que nunca se formulou diagnosticar esta situación no seu centro e moito menos poñer medidas para diminuír e erradicar esta pandemia presente en todas as escolas.

A violencia de xénero é a sufrida polas mulleres polo mero feito de selo. Malia que no noso país as persoas identifican os asasinatos e as violacións con violencia de xénero non existe concienciación sobre a importancia de erradicar as denominadas formas invisibles como son o control, a invisibilidade das mulleres, o illamento ou a anulación. Que un profesor encargue as tarefas prácticas aos rapaces e ignore a presenza das rapazas para levalas a cabo é violencia de xénero.

A violencia de xénero é unha relación aprendida socialmente e por iso o profesorado e o alumnado reproduciran esta forma de relacionarse nas súas vidas e nas aulas. O primeiro paso para erradicala é recoñecela.

A boa nova é que a violencia de xénero non é innata. Por iso é tan importante traballala desde as escolas. Educar ás futuras xeracións en Igualdade é a mellor forma de previr a violencia de xénero. 

NOTICIA ANTERIOR NOTICIA SEGUINTE

ACTUALIDADE • 23/11/2017

Coeduca premiada no XVI concurso de proxectos...

A primeira consultora de coeducación de Galicia,...

BLOG • 25/04/2017

Cando violan a unha nena da túa clase

PILAR PORRAL / @pilarporral Paula ten doce anos....

BLOG • 04/04/2017

Violencia de xénero: recoñecela para erradicala

PILAR PORRAL /@pilarporral A violencia de...

BLOG • 27/03/2017

A eles tamén lles afecta

PILAR PORRAL /@pilarporral Quenes pensades que...

BLOG • 13/03/2017

Educar para previr a violencia de xénero

PILAR PORRAL /@pilarporral Moita xente me...

ACTUALIDADE • 01/03/2017

Coeduc@ implanta o primeiro Plan de Igualdade para un...

A consultora Coeduc@ implantou o primeiro Plan de...

+ NOTICIAS

Camiño de Gustavo, 31 – Gándaras de Piñeiro 27003 Lugo • coeduca@coeducaconsultora.com +34 657 576 376